A Xunta de Galicia concedeu unha Mención na cuarta edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia ao Auditorio e Escola de Música de O Grove, obra na que Xestión Ambiental de Contratas participou como construtora.
O xurado destaca a adaptación a un entorno especialmente complexo. O edifico que, no seu interior, resolve perfectamente os requirimentos funcionais específicos para os que foi construído, e quen -malia a endiañada topografía do emprazamento- de xerar un espazo exterior versátil, de calidade e coherente co carácter do propio edificio que participa dos valores plásticos da edificación e dignifica unha contorna urbana de abigarrada complexidade…
CATEGORÍA NA QUE PARTICIPA
PREMIO GALEGO DE ARQUITECTURA
Destinado a galardoar os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que suficiente entidade como para poder ser valorados de forma independente á construción orixinal.
SOBRE O PROXECTO
O locus, un monte inserido no centro urbano e parcialmente erosionado para o seu uso como aparcamento provisional, debía albergar agora un equipamento publico de Auditorio e Escola de Música nunha parcela estreita, limite entre o urbano e o espazo natural. Exponse uns muros crebados que suturan ese limite, recuperando a orografía do espazo natural por unha banda e resolvendo, coa edificación e a conformación do espazo publico, a conexión á trama urbana polo outro. Ao ser un municipio de pequena escala solicitábase un espazo flexible multiusos dentro dunha contención económica obrigada. Para iso resólvense as distintas tipoloxías mediante un sistema de butacas extraíbles e tarimas modulares. Este sistema permite, máis aló da flexibilidade, como permutador tipolóxico, un solución en continuidade cos experimentos teatrais dos anos 50 e 60 ata unha obra aberta como proceso operativo contemporáneo de simultaneidade ou indeterminación tipolóxica. A sala negra, completa a cámara negra da caixa escénica, encartándose ao mandato da acústica e deixando levitar a nube de paneis acústicos regulables.
ARQUITECTO
OUTROS TÉCNICOS OUTROS TÉCNICOS OUTROS TÉCNICOS
APAREJADOR
PROMOTOR
CONSTRUTOR
DATA DE INICIO
DATA DE FIN
PEM